O acto terá lugar en Santiago de Rubiás o 12 de xullo.
O investigador e etnógrafo da Gudiña, Xosé Rodríguez Cruz, é o representante ourensán na terna de Xuíces Honorarios seleccionados este ano pola Asociación de Amigos do Couto Mixto.
Xunto a este estudioso da tradición oral do Couto Mixto, tomarán o bastón de mando e a réplica das chaves do arcón, o xeneral de División da Garda Civil e experto en Dereito Internacional Humanitario, Gonzalo Jar; e o cura portugués de Vilar de Perdices Antonio Lourenço Fontes. O acto terá lugar en Santiago de Rubiás o 12 de xullo.