Baixo o lema GALEGUIZARGALICIA agrúpanse un grupo de asociacións que comparten un mesmo obxectivo: dinamizar a cultura galega e normalizar o uso da nosa lingua en distintos ámbitos da vida social, cultural, económica e administrativa do País. GALEGUIZARGALICIA quere ser o xérmolo dun movemento con vocación galeguizadora, independente e apartidario que chegue a amplos sectores da sociedade que po razóns históricas, encóntranse afastados da tarefa común de protexer e fomentar o noso patrimonio cultural e lingüístico. A imaxinación e o dinamismo, a amplitude e variedade dos espazos nos que se move e a diversidade nos proxectos e propostas que realiza, fai que GALEGUIZARGALICIA sexa un referente no traballo de recuperación de espazo para o idioma galego.