A Asociación de Amigos do Couto Mixto, antiguo territorio asentado entre os concellos de de Calvos de Randín e Baltar e no seu momento provisto de capacidade organizativa propia, á marxe das coroas de España e Portugal, resolveu o nomeamento de tres novos Xuíces Honorarios. Gonzalo Jar Couselo, Xeneral de División da Garda Civil, e experto en Dereito Internacional Humanitario, serao en virtude da súa contribución a divulgar o Couto en congresos internacionais.
Antonio Lourenço Fontes, crego de Vilar de Perdices (Montalegre) incorpórase en recoñecemento aos seus traballos etnográficos na fronteira de Ourense con Portugal. É autor de obras como ‘Etnografía transmontana’.
Natural de A Gudiña, Xosé Rodríguez Cruz exerce como investigador da etnografía transfronteiriza, e recopilador da tradición oral do Couto. É a terceira incorporación. Entre as súas obras destacan títulos como ‘Catalogación dos muíños fariñeiros’ ou ‘Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca’, en colaboración con Lourenço Fontes. A entrega de credenciais que os investe como Xuíces (entrega de bastón de mando, chaves do arcón e diploma) terá lugar o 12 de xullo na igrexa de Santiago de Rubiás (Calvos).