Xosé González Martínez
Versión completa
Na cidade da cultura en Compostela no día 8.04.21 foron entregados os Premios da Cultura Galega 2020 sendo o galardoado na modalidade de Lingua, o noso compañeiro Xosé González Martínez que o recibíu emocionado e compartíndoo con todos aqueles que a través dos anos conformamos colectivo Galeguizar Galicia, no que se engloban un fato de asociacións e irmandades que traballan arreo pola normalización da lingua galega en distintos ámbitos na sociedade.
Un premio moi merecido por unha longa traxectorial vital de compromiso permanente coa defensa dos valores identitarios de Galicia, xa súa mocidade na loita política e cultural e despois desde o seu posto de funcionario público no concello de Redondela desde onde irradiou galeguidade a todo o país.
Xosé González Martínez é un exemplo a seguir, unha personalidade rexa, comprometida, dona dun espírito socrático que iluisona no traballo a desenvolver, que é capaz de achegar galeguidade a ámbitos e espazos nunca antes galeguizados e que cun traballo permanente e diverso foi capaz de aglutinar e milleiros de persoas que hoxe defenden a cultura e a lingua galega.