La Región – A Adega Tapias Mariñán de Monterrei faise cun Bacelo de Prata

Bacelos 2023
O xurado dos Premios Bacelos de Prata, que organiza a Asociación Álvaro das Casas, otorgoulle os galardóns na XV edición á Adega Tapias Mariñán e a Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos

Da Adega Tapias Mariñán, da Denominación de Orixe Monterrei, situada na localidade de Pazos (Verín), o xurado considerou que desde o ano 2007 elabora viños con marchamo de identidade e garantía de orixe utilizando a lingua galega nas etiquetas dos seus caldos, “levando o idioma con orgullo nos mercados onde comercializan”, matiza.

“Viños producidos en terras centenarias como Quinta das Tapias, branco elaborado coas variedades godello, treixadura e mencía; Pazo de Mariñán, tinto elaborado coas variedades mencía e arauxa; e Tapias 10, elaborado coidadosamente con acios de cepas máis antigas da Quinta das Tapias, producidos con prácticas enolóxicas realizadas a conciencia desde a poda ata a vendima”, engade. O xurado ten en conta a importancia da iniciativa empresarial destacando a aposta pola lingua galega que espalla a través da publicidade, web e as etiquetas dos viños.

A empresa Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos, foi constituída no 2016, en Santiago de Compostela, coa vontade de garantir unha produción de leite de calidade e a súa comercialización a través de dúas marcas, Deleite e Muuu, etiquetadas exclusivamente en lingua galega.

Previous articleFaro de Vigo – A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
Next articlePraza.gal – Os ‘Bacelos de Prata’ recoñecen a aposta comercial pola lingua galega de Leite Noso e a Adega Tapias Mariñán