Día 7 de outubro (entrega) • Pazo dos Ulloa • Esposende • Ribadavia • A Asociación Álvaro das Casas celebrou unha xuntanza no Pazo dos Ulloa, en Esposende, para decidir a quen se lle conceden este ano os premios Bacelo de Prata, galardón que ten como obxectivo recoñecer a aposta e o compromiso das empresas co galego. Participaron na xuntanza Avelino Muleiro, Xosé González Martínez, Clodio González Pérez, Xosé Carballido Presas, Cándido Vázquez Mosquera, CArlos Varela García, Celso Domínguez e Carme Pérez Vaquero.
Os Bacelos de Prata 2023 serán entregados o día 7 de outubro a Adega Tapias Mariñán —da Denominación de Orixe Monterrei— e a Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos —que comercializa as marcas Deleite e MUUU—.
O xurado salientou, no caso da adega ourensá, «a importancia da iniciativa empresarial, destacando a aposta que fan pola lingua galega que espallan a través da publicidade, páxina web e as etiquetas dos viños nos fogares e resturantes onde se consumen».
Coa súa aposta pola marca Deleite, a empresa de Santiago de Compostela dálle unha ampla visibilidad ao galego ao estar presente nos grandes centros e canles de distribución. Recibirán os galardóns o 7 de outubro.