O pasado sábado, na Adega do Pazo dos Ulloa en Esposende tivo lugar a entrega dos Premios Bacelos de Prata na súa XV edición. Este ano contaron ademais ca presenza do conselleiro do Mdio Rural, José González.
O xurado outorgou este ano o premio á ADEGA TAPIAS MARIÑÁN, da denominación de orixe Monterrei, que desde o ano 2007 elabora viños utilizando a lingua galega nas etiquetas dos seus caldos. E LEITE NOSO SOCIEDADE DE GANDEIROS GALEGOS, empresa constituída no ano 2016 en Santiago de Compostela coa vontade de garantir unha produción de leite de calidade e a súa comercialización a través de dúas marcas DELEITE e MUUU etiquetadas exclusivamente en lingua galega.