
O xurado dos Premios Bacelos de Prata 2023 recoñeceu a Adega Tapias Mariñán e a empresa Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos. Estivo composto, entre outros, por Avelino Muleiro, presidente da Asociación Álvaro das Casas; Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador; Clodio González Pérez, etnólogo, e Xosé Carballido, enxeñeiro técnico da Consellería de Medio Rural. Os galardóns serán entregados o 7 de outubro en Ribadavia.
Adega Tapias Mariñán, da Denominación de Orixe Monterrei, está situada na localidade de Pazos, no ourensán concello de Verín, e emprega a lingua galega nas etiquetas dos seus viños vendidos internacionalmente.