PRESENTACIÓN DO COUTO MIXTO NA CASA DE GALICIA EN MADRID.

Participaron na presentación Luís García Mañá, Xefe Superior de Policía de Galicia e escritor; Gonzalo Jar Couselo, Xeneral da Garda Civil; Alberto Fidalgo, deputado no Congreso dos Deputados por Ourense e Alfonso Palomares, Director da Casa de Galicia en Madrid

O mércores día 19 de novembro de 2009, ás 20:00 horas, presentouse, na Casa de Galicia en Madrid, o libro de Luís García Mañá “O Couto Mixto, unha república esquecida” así como a singularidade deste enclave histórico existente entre Galicia e Portugal.

Participaron na presentación Luís García Mañá, Xefe Superior de Policía de Galicia e escritor; Gonzalo Jar Couselo, Xeneral da Garda Civil; Alberto Fidalgo, deputado no Congreso dos Deputados por Ourense e Alfonso Palomares, Director da Casa de Galicia en Madrid, oriundo das terras do Couto Mixto. No acto proxectouse un documental sobre o Couto Mixto que fóra realizado pola televisión de Galicia.

Asistiron ao acto diversas personalidades, representantes da asociación de Amigos do Couto Mixto, o alcalde de Calvos de Randín, Aquilino Valencia, e varios dos homes de acordo do Couto Mixto.

Foi un acto cheo de emotividade no que as palabras foron dando lugar ao ensoñamento dun territorio que conforma parte da historia de Galicia e do imaxinario popular, toda unha regalía para os que estivemos escoitando a Gonzalo Jar, Luís García Mañá e Alfonso Palomares.

Previous articleA Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do Couto Mixto
Next articleA Nosa Terra – O renacemento do Couto Mixto