PAULA GODINHO, ANTONIO RODRíGUEZ COLMENERO E XOSé BADáS SON OS NOVOS MEMBROS HONORARIOS
Cada ano, a Asociación de Amigos do Couto Mixto que preside o escritor Luis García Mañá nomea a xuíces de honra, que recrean de xeito simbólico o ancestral nomeamento dos xuíces que administraban estes concellos entre o Estado español e portugués. Este ano, os xuíces de honra foron a antropóloga Paula Godinho, da Universidade de Lisboa, polos seus traballos de investigación sobre os territorios transfronteirizos, o arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero, pola súa investigación da arqueoloxía castrexa e romana da fronteira e o director da revista Lethes (Cadernos de Cultura Popular da Limia), Xosé Badás, por promover o diálogo cultural entre os pobos arraianos. Os novos xuíces honorarios serán investidos o 9 de xullo, onde recibirán as varas de mando e as chaves do arcón do Couto Mixto.