La Voz de Galicia – O Couto Mixto conta coa labor de tres novos xuíces honorarios

Tivo lugar un novo nomeamento de xuíces honorarios do Couto Mixto na Igrexa de Santiago de Rubiás. Os condecorados son os presidentes portugueses das freguesías de Soutelinho, Lamadarcos e Cambedo.

 

O acto, que comezou en torno ás 12,00 horas da mañá, contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. El mesmo, elixido xuíz o ano anterior, encargouse de felicitar ós novos mediadores e de recordarlles a relevancia cultural e histórica que posúe esta entidade tanto para o pobo galego como para o pobo portugués.

 

Despois da designación dos novos cargos, organizouse unha réplica das asembleas que se celebraban antigamente no Couto Mixto, así como a reunión anual dos membros que forman parte da Asociación. O momento sonoro chegou da artista galega, Uxía Senlle, encargada de poñer música a esta tradicional cita.

Unha vella República

O Couto Mixto foi unha entidade política situada no val do río Salas, constituído polas aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus que en tempos de monarquías feudais xa escollía o seu rexedor mediante os votos dos representantes de cada casa; un microestado que contaba con leis e privilexios propios.

No 1868, co Tratado de Lisboa os territorios do Couto Mixto quedaron baixo a soberanía do pobo español.

Previous articleLa Region – Tres novos xuíces honorarios coidan do Couto Mixto
Next articleFaro de Vigo – Couto Mixto, el sueño raiano