La Voz de Galicia – Asemblea da Irmandade Xurídica Galega

IXUGA

Sábado 1 • 12 horas • Audiencia Provincial • La Asemblea da Irmandade Xurídica Galega celebrará este sábado a súa asemblea en Pontevedra, nun ano en que tamén se recorda o centenario do xurista Xosé Fariña Jamardo. Ao mediodía, na Audiencia de Pontevedra, descubrirase a placa conmemorativa da primeira sentenza ditada en lingua galega por esta institución xudicial. A continuación, no salón de actos da Deputación, terá lugar a asemblea da Irmandade Xurídica Galega, coa incorporación dos novos irmandiños. Os actos rematarán cun xantar de confraternidade no restaurante La Brisa, en Lourido (Poio).

Previous articleConsello da cultura Galega – Resólvense os Premios Lois Peña Novo 2019
Next articleXunta de Galicia – Valentín García participa en Pontevedra na XII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega