Consello da cultura Galega – Resólvense os Premios Lois Peña Novo 2019

Carlos-Salgado

O xurado dos Premios Lois Peña Novo deu a coñecer os/as gañadores/as da vixésimo quinta edición destes galardóns, deseñados para animar o proceso de normalización lingüística no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral. Nesta edición os/as premiados/as son o profesor emérito da USC Manuel Bermejo Patiño, pola coherencia na utilización da lingua galega durante toda a súa vida académica; a maxistrada Paz Filgueira Paz, por desenvolver a súa actividade profesional en galego desde hai máis de 20 anos; e Carlos Salgado López, profesor do Departamento de Física de Partículas da USC, polo seu compromiso coa lingua galega na súa actividade docente e investigadora.

Previous articleFaro de Vigo – Los Premios Peña Novo galardonan a Manuel Bermejo, Paz Filgueira y Carlos Salgado
Next articleLa Voz de Galicia – Asemblea da Irmandade Xurídica Galega