
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao mediodía nos actos da XII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega. Centenario do xurista Xosé Fariña Jamardo. Organizados pola entidade, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, abríronse coa descuberta dunha placa conmemorativa da primeira sentenza ditada en lingua galega pola Audiencia Provincial de Pontevedra. A seguir, tiveron lugar o ingreso de novos irmandiños e irmandiñas e a xuntanza anual, no salón de actos do Pazo Provincial.