A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística promoveu a constitución hoxe da Irmandade da Sanidade Galega, unha entidade que que busca promover a extensión do galego no ámbito sanitario.
Ao acto de constitución, celebrado esta mañá na Estrada, asistiu o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, quen celebrou esta iniciativa que ten por obxecto “o impulso do humanismo e a normalización da lingua galega”, informa a Xunta nun comunicado.
Lorenzo explicou que un dos trazos que definen a situación da lingua galega no ámbito sanitario está relacionado co feito de que se considera “de prestixio, formal e culto”, e por iso tamén radica nel a “dificultade e potencialidade” da sanidade para avanzar na normalización do galego.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece apoio permanente aos colectivos profesionais para o fomento social do galego, precisa a mesma nota.