Estes días pasado finou Amado Ricón, ex alcalde de Redondela. Reproducimos un solto do Faro de Vigo que recolle a manda testamentarias que hai moitos anos escribíu para o libro “En galego,agora e sempre”, editado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Foi escrito pensando no seu pasamento. Tamén o actor moañés, Celso Parada, antes de morrer deixou escrita a súa esquela cunha proas poética que simboliza o seu pensamento de galego galeguizado. A algúns facer en vida estas previsións en vida parecelles necrofílicas, pero non poñen reparos a que figuren nas pólizas subscritas con esa compañías aseguradoras cláusulas previsoras en caso de falecemento.
Xa sabedes, meus fillos, filla e dona, que con aqueles saibades rexenerar o meu espírito, tendo en conta o ceo, as terras e a paisaxe espeiritual do noso axeitamento, e da vida de paxaros mariños da emigración. O que vos puiden deixar no voso alento foi só a ledicia, a amizade e o espírito dos nosos antergos. Fostes quen de engrolar e artellar nos diferentes xeitos do voso facer galego, coma vosa nai, voso pai e demais familiares do Coto Dabaixo e da rúa da Esfarrapada de Redondela, onde a vosa avoa do Coto e da rúa mariñeira vilega vos facían os aloumiños dun futuro de aquí e non de aló. Ben sabedes o que vos teño que dar, como herdeiros dos meus bens de follas da cultura galega, que sempre me escoitastes falar e loitar para que a nosa lingua se escriturase en Nova York, e en calquera parte onde fosemos. Esa herdanza é o meu sólido montón de cousas que vos deixo para que a Galicia xusta, democrática e libre co seu pensamento propio, continúe na eternidade dos países, e das xentes de todo o mundo. Que o meu agarimo de morto sexa a vosa dedicación á nosa terra e a nosa lingua. Amado Ricón Virulegio Ex-Presidente do IGAEM