Son imaxes dun telexornal da TVG do ano 2007dando conta do acto celebrado na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos presentando un libro e unha campaña de normalización da lingua galega coas forzas e corpos de seguridade do Estado en Galicia. 

O tratamento informativo non estivo á altura do feito relatado, sen precedentes na historia da lingua galega, nin en ningunha comunidade autónoma con lingua de seu. Esta excepcional circunstancia polos avatares políticos dps dous partidos gobernantes naqueles intres -PsdeG e BNG- que loitaban entre si polo control da TVG, fixo que se minimizase a importancia daquel histórico acto. 

Chegar á celebración dese acto foi o resultado de longas conversas da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) cos mandos da Garda Civil e do CN de Policia, incluída a chamada Policía Autonómica. Cómpre salientar a participación de moitas policias locais e do alumnado da Academia de Seguridade da Xunta de Galicia.

A partir disto iniciouse unha campaña pedagóxica de galeguización nos corpos policiais  por distintos medios, con publicacións e celebración dun seminario. Editouse un libro titulado “Contos da Policia” na que comisarios, inspectores, policias, etc. escribiron cadanseu relato no que os protagonistas eran eles mesmos e/ou a cidadanía.

O libro “En galego, con toda seguridade” foi outra publicación, con varios centos de páxinas elegantemente ilustradas con fotografías de Pío García que acompañaban a un texto escrito por medio cento de profesionais dos corpos e forzas de seguridade nos que manifestaban o seu apoio ao uso da lingua galega nas instalacións policíais e nas relacións cos cidadáns.

Con anterioridade, Luís García Mañá, xefe superior de Policia en Galicia; Mora Morandeira, comisario-xefe da Comisaria de Pontevedra, Gonzalo Jar Couselo, xeneral da Garda Civil,  Xosé Cruz do CNP,  xa tiñan publicadas algunhas obras en galego. Mais parecianos que tiñamos que provocar o contaxio noutros para ir creando un  ambiente favorable á galeguización. Os  “Contos da Xustiza” cumpríron ese papel.

A Brigada da Policía Científica de Vigo durante moitos anos elaborou as súas probas periciais en lingua galega, que habían formar parte das instrucións xudiciais, axudando a contaminar lingüisticamente os procedementos procesuais.

Durante unha fin de semana celebrouse no mosteiro de Aciveiro un seminario de encontros entre policias, gardas civís e xuíces. Os resultados foron  decisivos para que entre os funcionarios policiais a lingua galega acadase prestixio social e uso nos seus labores profesionais.

Previous articleBadal Novas – Para sermos máis nós.
Next articleMuy Interesante – El país que existió entre España y Portugal