O 9 de marzo de 1933 Álvaro das Casas pronunciou, no Paraninfo da Universidade compostelá, un emotivo e clarificador discurso dirixido aos universitarios galegos. Álvaro das Casas facía un apaixoado chamamento á mocidade universitaria para que abandonase o seu nihilismo: A nosa mocidade ten que porse na emozón dos ourizontes patrios…para a gran tarefa de restaurar a Galiza doutrora, soberán dos seus destinos, xogando na órbita de tódolos pobos, luceiro con luz propia na constelación de tódalas patrias…
Aquel acontecemento cultural, que alporizara aos sectores máis tradicionais da comunidade universitaria, constituíu un revulsivo importante do que son exponentes históricos os “Ultreia” e a “Federacións das Mocidades Galeguistas”.