Arturo Noguerol Buján

    Arturo Noguerol Buján
    Arturo Noguerol Buján

    Se non hai memoria non hai historia. E isto, que poidera semellar unha frase feita, é algo máis ca unha vontade. Aínda queda moito por contar e moitas  fontes nas que consultar. Arturo Noguerol Buján é, sen dúbida, un personaxe relevante da historia do galeguismo que a Fundación Lois Peña Novo quere recuperar desempoeirando a súa memoria, inexplicablemente esquecida. Grazas ás pescudas feitas por Xosé Benito Reza e Fernando Román, que rastrexaron en varios arquivos  municipais, reconstruímos a biografía dun nacionalista senlleiro vinculado ás actividades da Xeración Nós e do movemento político da II República española. A súa morte, como a doutros moitos, foi unha traxedia que marcou un tempo e inzou a xeografía galega de cadáveres nas beiravias.

    Foi Arturo Noguerol un funcionario público comprometido con Galicia e co seu tempo, como tamén o foron outros da súa mesma xeración: Ramón Cabanillas e Lois Peña Novo. Amaron ao seu País e dignificaron a súa cultura e lingua.

    Previous article
    Next articleConversas no Ribeiro “O Viño”

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here