
Os galardóns recoñecen o seu labor a prol da lingua galega na sociedade en xeral
O castelo de Soutomaior foi onte o escenario da entrega da vigésimo séptima edición dos premios Lois Peña Novo, que recoñecen o labor de persoas, entidades ou empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas.
Os galardoados foron o xornal dixital G Ciencia, por darlle visibilidade ao galego nas redes sociais; a guionista, redactora e directora de programas de debate e informativos Rosa Castro Legazpi, pola súa contribución á consolidación desta lingua nos medios de comunicación; e ao historiador, escritor e divulgador Felipe Senén López, pola súa traxectoria na defensa do patrimonio cultural de Galicia.