Dende a Limia.com – MOCIÓN SOLICITANDO DA XUNTA DE GALICIA QUE DECLARE O COUTO MIXTO “TERRITORIO HISTÓRICO”

“A Lei do patrimonio cultural de Galicia é a expresión xurídica necesaria á especificidade que, como nacionalidade histórica, posúe en materia cultural, fixada a través dos séculos precisada na actualidade de preservación, conservación, actualización e difusión para o desfrute social”. Así se expresa a exposición da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, que parte dun concepto am,plo de patrimonio cultural de Galicia, que engloba o patrimonio inmoble e mailo patrimonio inmaterial, xa sexan de titularidade pública ou privada, ademais da nosa cultura tradicional e popular. Así, tal como se desenvolve no Título I, créanse tres categorías de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados, definidoras da incidencia que cada un deles tivo no patrimonio de Galicia. Mentres os primeiros representan os máis salientables dos bens mobles, inmobles e inmateriais, os catalogados son aqueles que pola súa singularidade chegan a definir un territorio, e os bens inmateriais, merecedores de seren conservados, pasan a integrar xunto cos anteriores o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia. A teor do establecido polo artigo 4.1. desta Lei: “Os concellos teñen a obriga de protexeren, defenderen, realzaren e daren a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que radiquen no seu territorio municipal”. No que fai aos bens de interese cultural, o artigo 8.1. defíneos así: “Os bens inmobles, mobles e inmateriais máis sobranceiros do patrimonio cultural de Galicia serán declarados bens de interese cultural mediante decretos da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Cultura, e inscribiranse no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia”. O artigo 3.3. fai unha precisión que interesa ao noso Concello: “Os bens inmobles serán declarados de interese cultural atendendo ás seguintes clases: monumento, conxunto histórico, xardín histórico, e sitio ou territorio histórico”, definindo o por sitio histórico “o lugar ou paraxe natural vinculado a acontecementos ou recordos do pasado, creación culturais ou da natureza, e obras do home que posúan valores históricos ou técnicos”. É evidente que o o Couto Mixto é unha unidade territorial singular, recoñecida en proposicións non de lei aprobadas polo Congreso dos Deputados e Parlamento de Galicia, amais de estar integrada no Parque Natural do Xurés. Paixase, historia, valores paisaxísticos, históricos e culturais definen as tres parroquias que conforman ese territorio tantas veces historiado. E tendo en conta que a Asociación de Amigos do Couto Mixto acordou en reunión celebrada o pasado mes de abril dirixirse aos concellos de Baltar e Calvos de Randín para que tomasen o acordo plenario da proposta exposta, propoñemos ao Pleno do Concello, a aprobación da seguinte Moción para que a Xunta de Galicia declare o Couto Mixto “Territorio Histórico”, e que sexa inscrito no Rexistro de Bens Culturais de Galicia. Calvos de Randín, 17 maio de 2016

Esta proposta de Moción enviámosllela aos concellos de Calvos de Randín e Baltar.

Previous articleLa Voz – Piden a los Concellos de Baltar y Calvos que impulsen ante la Xunta la declaración como «Territorio Histórico» y Bien de Interés Cultural
Next articleFaro de Vigo – Couto Mixto: Xente de aquí e de acolá