Consello da Cultura Galega – Consumo en galego, consumo responsable e solidario

Coincidindo coas festas do Nadal, o Foro Enrique Peinador e a Irmandade Galega de Adegueiros presentan a campaña Consumogustos, que quere poñer en valor o compromiso de moitas empresas co uso do galego na etiquetaxe dos seus produtos, conscientes do poder da lingua galega como elemento diferenciador e como marca de calidade.
A iniciativa inclúe tamén unha “Carta de consumo responsable e solidario” dirixida aos consumidores/as, para animalos/as a que apoien estas empresas que apostan polo uso do galego e contribúen ao mantemento dos nosos valores identitarios.

Previous articleA Peneira – Irmandade galega de adegueiros.
Next articleII Asemblea ISAGA