A galeguización da sociedade galega esixe a elaboración permanente de políticas transversais.
A lingua galega precisa recuperar novos espazos sociais, e se hai algún onde o seu uso é imprescindible é determinante, porque afecta ao íntimo de nós é, nos servizos sanitarios. Para que un profesional da medicina poida facer un diagnóstico acertado, cómpre que atenda e entenda ao paciente na lingua na que mellor se exprese éste, será a única forma de comprender a súa sique. A interposición dunha barreira lingüística entre o doente e os profesionais que o coidan podería provocar unha incomunicación con consecuencias perturbadoras. Velaí porque a sensibilidade do persoal sanitario debe ser unha aposta polo humanismo que recoñeza a identidade cultural e lingüística dos usuarios dos servizos médicos e clínicos. A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) quere contribuír a esa aproximación. Convida, xa que logo, a todos os traballadores e traballadoras da sanidade pública e privada a que acudan a súa II Asemblea que se celebrará o próximo día 1 de decembro no Centro Social de Novacaixagalicia, na rúa Policarpo Sanz de Vigo, ás 12:00 horas.
Home ISAGA