Se importante foi o acto celebrado no mes de xullo, non foi menor o que se celebrou no mesmo Estaleiro HJ.Barreras, para asinar un novo convenio de galeguización empresarial. Desta volta foi con ACLUNAGA, asociación que engloba a tódalas empresas auxiliares da construción naval.
Nesta ocasión actuou de notario de excepción do acto de sinatura do convenio entre o presidente da asociación patronal e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Sr. Presidente da Xunta de Galicia, don Emilio Pérez Touriño, que aproveitou a ocasión para anunciar no seu parlamento o apoio do goberno galego ás iniciativas normalizadoras do Foro E. Peinador.