Barreras galeguízase

    A data do 9 de xullo de 2008 quedará como un fito na historia do proceso de normalización lingüística.

    A data do 9 de xullo de 2008 quedará como un fito na historia do proceso de normalización lingüística de Galicia. Por primeira vez, unha empresa da construción naval celebra nas súas instalacións un acto para ratificar a súa aposta polo uso da lingua galega. É de salientar a participación masiva de tódolos traballadores –ao pé de un milleiro-, que presenciaron o acto de sinatura dun convenio entre a dirección do estaleiro e a Secretaria Xeral de Política Lingüística. En virtude deste convenio a dirección da empresa comprométese a ir utilizando progresivamente a lingua galega na negociación colectiva, nóminas, contratos, sinalética,etc.

    O acto estivo presidido polo Fiscal Superior de Xustiza de Galicia, D. Carlos Varela García, pola Presidenta do Parlamento de Galicia, Dna. Dolores Villarino, pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Dna. Marisol López, polo Presidente do Estaleiro H.J.Barreras, D. José Francisco González Viñas e polo Subdelegado do goberno en Pontevedra D. Delfín Fernández. Asistiron ao acto númerosas personalidades de Galicia entre as que cabe destacar D. Luís García Mañá, Xefe Superior de Policía de Galicia; D. Benigno Sánchez, Director Xeral da CRTVG; D. Xosé Manuel Ortigueira Bobillo, Director Financieiro de Xesgalicia; Dna. Cristina Rubal, Subdirectora Xeral de Política Lingüística; D. Francisco Novoa, Director Xeral do Grupo Academia Postal; D. Xaime Rei Barreiro, Alcalde de Redondela; D. Xoaquín Monteagudo Romero, Presidente da Asociación de Funcionarios e da Irmandade Xurídica Galega; D. Guillermo Sánchez, Comisario Xefe da Comisaría de Vigo-Redondela; D. Camilo Nogueira Román, Ex-eurodeputado; D. Pablo López, Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia; D. Xosé Carballido Presas, Director Xeral de Estruturas Agrarias da Xunta de Galicia; D. Manuel González, Secretario da R.A.G., etc…

    O colofón do acto estivo a cargo da gaiteira Susana Seivane que interpretou música tradicional cun pequeno concerto celebrado para tódolos asistentes.

    Previous articleActo fundacional da Irmandade Xurídica Galega
    Next articleSinatura do convenio do Clúster do Naval

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here