
O 28 de outubro de 2008 foi presentada, na Casa da Cultura do Concello de Vilagarcia, a campaña promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O acto levouse a cabo no concello de Vilagarcia por ter este atendido a petición da Asociación de Funcionarios e levar a cabo a confección dun dos libros que se presentaron. A alcaldesa, Dª Dolores García Giménez presidíu o acto acompañada por D. Xosé González Martínez, secretario da Asociación de Funcionarios, polo concelleiro de cultura e normalización lingüística do concello, Sr. Castro Ratón e polo funcionarios do S.N.L. D. Manuel Campos. O acto contou cunha grande presenza de veciños da localidade que se interesaron polo traballo realizado e polas publicacións presentadas.
“En galego, agora e sempre” “En galego, agora e sempre” Vilagarcia