Presentación oficial do Foro E. Peinador

    A presentación oficial do Foro E. Peinador celebrouse no Balneario de Mondariz o 13/1/2006 coa presenza do Fiscal Superior de Xustiza, don Carlos Varela García, don Francisco Fernández del Riego, escritor,dona Marisol López Martinez, Secretaria Xeral de Política Lingüística, e don Xosé L. Méndez, director xeral de Caixagalicia, que asinou un convenio coa nova entidade.

    Nas intervencións de todos eles púxose de relevo a importancia de levar ás empresas a mensaxe do galeguismo cultural e lingüístico. En tempos de globalización, diferenciación. Eís o eslógan que podería resumir os parlamentos pronunciados.

    A Secretaria Xeral de Política Lingüística fixo mención ao Plan Xeral de Normalización Lingúística, no que hai amplas referencias á economía e a súa importancia como un sector estratéxico para a pervivencia dos nosos sinais de identidade. Neste aspecto, o Fiscal Superior de Xustiza, fixo fincapé nos dereitos lingüísticos de traballadores, usuarios e consumidores, non sempre respectados.

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here