Compostela acolleu onte a entrega dos Premios de Publicidade en Galego, convocados pola Cámara autonómica, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Foro Enrique Peinador. Nun acto celebrado no Parlamento e retransmitido online, recolleron os galardóns nas categorías de prensa, Internet, radio e televisión as empresas Martín Códax, o Grupo Cuevas , Aqualia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; así como os deseñadores das campañas premiadas. A alumna ferrolá Andrea Miñones, apoiada pola súa profesora do IES Leixa María Saes, obtivo o premio especial ao alumnado no ámbito educativo polo seu traballo audiovisual e de concienciación ambiental Somos 60 % auga.
Participaron na entrega o presidente do Parlamento, Miguel ÁngelSantalices ; o conselleiro de de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González; e en a sala estaban tamén distintas autoridades, como o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entre outros.
Xoán Allegue López e Pablo Buján recolleron un novo premio pola campaña Fillo do Atlántico, elaborado por Rosàs ¶ as adegas Martín Códax. Por parte do grupo ourensán Cuevas , asistiu Artur Yuste i Tarragó, que xunto a Jorge Manteiga de Neozink, recibiron o premio á súa campaña publicitaria. Juan Pablo Merino Guerra e Carla do Río Abelenda puxeron cara ao triunfo da cuña radiofónica H2Ohh!, desenvolvida para Aqualia por Ecovigo.