Palabras de lei

    Palabras de lei
    Palabras de lei

    Desde que en 1983 o xuíz Xosé Xoán Barreiro Prado decidira galeguizar o Xulgado Social núm. 2 de Pontevedra do que era titular, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística non deixou de preocuparse constantemente de incidir nun sector tradicionalmente distante da lingua galega. Malia estarmos nunha Comunidade na que unha amplísima porcentaxe dos galegos teñen como lingua propia a galega, os funcionarios xudicias, e nomeadamente os xiuíces e fiscais, encarreiranse pola rutina de administraren Xustiza nunha lingua distinta, o castelán. A Lei de Normalización Lingüística e Galicia e un amplo ordenamento xurídico estatal recoñecen o dereito lingüísticos dos cidadáns a expresárense perante xuíces e tribunais de xustiza en lingua galega. Mesmo a solicitaren, invocando o artigo 7.3 da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, que diten resolucións na lingua que se lles solicita.
    Desta volta, co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística, a Asociación de Funcionarios editou un fermoso libro no que se recollen as opinións de maxistrados, xuíces, fiscais e secretarios xudiciais favorables á lingua galega nos usos xudiciais.
    Como outras moitas iniciativas da AFNLG este libro é, sen dúbida, unha publicación sen precedentes na nosa historia e na dos moutros pobos do Estado con lingua de seu. non é a primeira publicación que edita a AFNLG para incidir no ámbito xudicial. É unha máis. Pero de grande pegada no procesor normalizador.
    O acto de presentación da campaña realizou no Hostal dos Reis Católico o día 5 de maio de 2.005. Daquela, acudiren ao chamamento da AFNLG moitísimos funcionarios xudiciais e unha amplísima representación de avogados e procuradores.

    Descargar “Palabras de lei”

    Previous articleColleita 2004
    Next articlePresentación oficial do Foro E. Peinador

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here