Nomeamento de D. Carlos Varela García, como Fillo adoptivo do Concello de Cangas.

    Nomeamento de D. Carlos Varela García, como Fillo adoptivo do Concello de Cangas.

    O día 27 de xuño de 2009 levouse a cabo o acto de nomeamento de D. Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia, como Fillo adoptivo do Concello de Cangas, municipio no que reside desde hai máis de 25 anos, por ser a Vila natal da súa dona.
    A Corporación municipal, a proposta do concelleiro de educación, don Xosé Manuel Pazos, adoptou o acordo de nomealo fillo adoptivo da Vila polo importante labor que o Sr. Varela García vén desenvolvendo como dinamizador incansable do movemento galeguizador na Xustiza xa que, desde o ano 1983, vén traballando arreo nesa dirección. A produción documental xerada pola súa actividade xurisdicional é extensísima e para os anais da historiografía da lingua galega convértese en documentación fundamental que repara a secular marxinación do noso idioma no eido xudicial. Con esta postura a favor do idioma, o Sr. Varela García, combate os complexos lingüísticos tan chantados nas mentalidades dos xustizables e dos axentes xudiciais, convertíndose nun exemplo a seguir.
    O acto celebrouse no Auditorio do Concello de Cangas e a él acudiron numerosas personalidades do mundo da xustiza, da cultura, da política, etc… entre os que cabe destacar a D. Miguel Angel Cadenas Sobreira, Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; D. Xesús Palmou Lorenzo, Conselleiro do Consello de Contas de Galicia; D. Carlos Aymerich Cano, Parlamentario no Parlamento de Galici; D. Luís García Mañá, Xefe Superior de Policía de Galicia, que fixo unha fermosa louva do homenaxeado; D. Manuel Ferreiro, Xeneral de División da Garda Civil en Galicia; D. Manuel González González, Secretario da Real Academia Galega; D. Xosé Vázquez Portomeñe, Subdelegado do Goberno en Lugo; D. Camilo Ocampo Gómez, Subdelegado do Goberno en Ourense; D. Avelino Luís de Francisco, alcalde de Cortegada; D. José Antonio Lorenzo, alcalde de Mondaríz-Balneario; D. Xosé Xoán Barreiro Prado, Presidente da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra; D. Benito Montero Prego, Fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra; D. Evaristo Nogueira, Decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela; D. Guillermo Sánchez González, Comisario Xefe da Comisaria de Vigo-Redondela, membros da corporación municipal, amigos e amigas así como veciños da Vila que quixeron acompañar a D. Carlos Varela.
    A Sra. Alcaldesa, Dª. Clara Millán González, impúxolle a medalla de prata do Concello e fíxolle entrega dun fermoso diploma que o acredita como fillo adoptivo desas terras.
    Foi un acto con música e palabra, no que o Sr. Carlos Varela percorreu a súa vida na Vila a través dun amplo discurso no que foi debullando situacións e emocións vividas ao longo da súa vida no Concello que o acolleu dende hai tantos anos.

    Previous articleSinatura convenios Pazo da Toxeiriña
    Next articleConmemoración da Declaración do Hostal

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here