Sinatura convenios Pazo da Toxeiriña

    O Foro Peinador convocou un acto que se celebrou o mércores -24 de xuño de 2009- no Pazo da Toxeiriña en Moraña (Pontevedra) no que dez empresas galegas de recoñecido prestixio asinaron convenios de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para fomentar o uso da lingua galega en diversos ámbitos da súa actividade.

    Continuando co labor de sumar empresas ao proceso normalizador do idioma no ámbito empresarial, o Foro Peinador convocou un acto que se celebrou o mércores -24 de xuño de 2009- no Pazo da Toxeiriña en Moraña (Pontevedra) no que dez empresas galegas de recoñecido prestixio (CELTIC ESTORES, EGATEL, FACTORIAS VULCANO, FEGATUR, GRUPO ACADEMIA POSTAL, ITELSIS, PÓRTICO AUDIOVISUAIS, PROGANDO, TRAVIBUS E TUCONSA) asinaron convenios de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para fomentar o uso da lingua galega en diversos ámbitos da súa actividade.

    Este grupo de empresas secunda a outras que con anterioridade subscribiran convenios para introducir a lingua galega na rotulación interior, páxina web, telefonía, nóminas, contratos, convenios colectivos, etc. Con estas novas incorporacións o Foro E. Peinador, que vén mantendo un diálogo permanente con empresas a través dos “Encontros de Lestrobe”, incrementa o número de empresas que están dispostas a normalizar a nosa lingua en diversas actividades empresariais.

    Ao acto estivo presidido por D. Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán, polo Fiscal Superior de Galicia, D. Carlos Varela García por D. Casian García, da empresa Celtic Estores e polo Presidente do Foro Enrique Peinador, D. Xosé González Martínez.

    Asistiron ao acto moitas outras persoas en representación de empresas referentes en Galicia que deron fe do compromiso público das empresas asinantes de convenio: D.Carlos Pérez (Eurolatón); D.Manuel Rodríguez (Grupo Cuevas); D. José A. Silva (Isla Talleres y Montaxes); D. Roberto Tojeiro (Gadisa); D. José Luís Vázquez (Sargadelos); D. Manuel Villadónica (Electro Rayma, S.L.); D. Xosé Manuel Ortigueira (Xesgalicia); D. Pablo Comesaña (Factoría Naval de Marín); D. Fernando Algueira (Adegas Algueira); D. José Alvela Neira (Augardentes de Galicia); D. Pablo Fernández Castro (Norvento); D. Manuel Balseiro (Coremain); D. José Manuel Pérez Canal (Aceites Abril); D. Xerardo García Alvea (Itelsis); D. Pablo Prada (Extraco); D. Mario Cardama (Estaleiro Cardama, S.A.); D. José A. Lagares (Estaleiro H.J.Barreras); D. Jesús Freire (Freire, S.A.); D. José Domínguez (Factorias Vulcano); D. Arsenio Iglesias (F.Centro Tecnolóxico da construción naval); D. Xosé Turnes (Progando); D. Manuel Rapela (Tuconsa); D. Diego Maraña (Qualitynova); D. Avelino Llago (Gabaldi); D. Javier García Paredes (Caixagalicia); D. José Álvarez e D. Ramón Barral (Adegas Martín Códax); D. Manuel Conde (BAP & Conde); D. Francisco Novoa e Dª Marta Novoa (Grupo Academia Postal); D. Alfonso Sánchez Izquierdo (CRTVG); Cervexas San Amaro; D. Antonio Cajide Gulín (Adegas Sameirás); Dª Toia Suárez (Adegas Quinta Couselo); D. Rafael Cuiña (Indeza); D. Ramón Varela (Pórtico Audiovisuais); D. Tomás Casquero (Aclunaga); D. Santiago Otero (Itelsis); Dª Marisol López (Fegatur); D. José Garnelo Prada (Teclimo) e D. Miguel Cuiña (Travibús).

    Ao acto asistiron tamén como invitados, D. Luís M. García Mañá, Xefe Superior de Policía de Galicia; D. Xavier Seoane, en representación do Xeneral Xefe da Garda Civil de Galicia, D. Manuel Ferreiro Losada que excusou a súa asistencia; D. Manuel González González, Secretario da R.A.G., D. Xesús Ferro Ruibal, Académico e escritor; D. Xosé Xoán Barreiro Prado, Presidente da Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, D. Valentín García do Concello da Estrada, D. Benigno Sánchez García do Foro Peinador; Dª Carme Pérez Vaquero da A. de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, D. Lorenzo López, do Foro Peinador; D. Ricardo Guirriarán, escritor e biógrafo de Ramón Obella Vidal.

    Previous articleImposición de medallas aos novos membros da Irmandade Xurídica Galega
    Next articleNomeamento de D. Carlos Varela García, como Fillo adoptivo do Concello de Cangas.

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here