O día 10 de xullo de 2009 levouse a cabo, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, o acto de conmemoración da Declaración dos Alcaldes, asinada en maio de 1984 por 187 rexedores municipais e que fixo posible, no seu momento, que a gran maioría dos concellos galegos asumisen a lingua galega como lingua vehícular no seo das súas actividades administrativas.
Vintecinco anos despois, tamén a proposta da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, a Federación Galega de Municipios de Provincias, convocou outra asemblea de alcaldes para retomar o espírito da anterior declaración e darlle un novo pulo á galeguización das actividades municipais, nomeadamente nos actos promovidos a instancia de parte polas asesorías xurídicas das entidades locais ou dos profesionais que traballen para elas que terían como obxectivos:
- A utilización da lingua galega nas vistas orais.
- A redacción de demandas e demais escritos dirixidos aos xulgados e tribunais de xustiza en lingua galega.
- A incorporación, nos escritos de demanda, dunha cláusula tipo que diga: “Outrosi digo: que ao abeito do art. 7.3. da Lei de Normalización Lingüística se dite resolución por ese órgano xurisdicional en galego”.
- O compromiso de que as policias locais nas moitísimas relacións que manteñen cos xulgados sexa en galego, tanto as denuncias coma as declaracións.
- O compromiso das entidades locais a estenderen estas pretensións normalizadoras en tódolos actos xurídicos tramitados en notarias e rexistros.
O acto iniciouse ás 12.30 horas e foi presidido polo Conselleiro de Educación, don Xesús Vazquez Abad; polo Presidente da FEGAMP, don Carlos Antonio Fernández Castro e por don Xoaquín Monteagudo Romero, Presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia.
Asistiron como público invitado numerosos rexedores galegos entre os que cabe destacar o do concello da Estrada; a alcaldesa de Cangas; o alcalde de Lugo; o alcalde de Ourense; o de Allaríz; o de Muros; de Soutomaior; o de Monforte de Lemos; o do concello de O Pino; o de Oleiros; o de Carballo; o de Boiro; o de Outes; de Santiago de Compostela; de Salcedas de Caselas; de Mondariz Balnerio; de Ames, de Ponte Caldelas; Monforte de Lemos; Porto do Son; Vilagarcia; Mazaricos; Mugardos; Negreira; Piñor de Cea, Lalín, Melide; Brión, etc… así mesmo, estiveron presentes os Presidentes das Deputacións provinciais de Pontevedra, A Coruña, e representantes das de Ourense e Lugo.
Estiveron presentes no acto o Delegado do Goberno en Galicia, don Antón Louro: o Subdelegado do goberno en Lugo, don José Portomeñe; o Presidente do Consello da Cultura Galega, don Ramón Villares; a Presidenta do Consello Consultivo de Galicia, Dª Teresa Conde Pumpido; o Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Anxo Lorenzo; o Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, D. Demetrio Fernández. Cabe destacar a presenza de don Xerardo Fernandez Albor, ex-Presidente da Xunta de Galicia que o era no ano 1984 e de don Manuel Soto, alcalde de Vigo naqueles anos.
Así mesmo, estiveron presentes no acto dona Helena Villar Janeiro, escritora; don Salvador García Bodaño, escritor e numeroso público representativo das distintas administracións públicas galegas: policias locais, funcionarios e funcionarias públicos, etc…