Colleita 2004

    Colleita 2004 Alvara das Casas

    No mes de xullo de 2004 a  Asociación Álvaro das Casas levou a cabo, na adega do Pazo dos Ulloa en Esposende-Ribadavia, a presentación dunha  campaña de dinamización lingüística do sector vinícola en colaboración coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia. No mesmo acto fíxose unha chamada de atención ao mundo a través das ondas,  en colaboración coa Organización Galega de Radioaficionados, que dende Esposende e a través dos medios necesarios foron quenes de facer chegar a tódolos lugares a nosa mensaxe “consumo de viños de calidade etiquetados en galego”.
    No acto presentouse o Manifesto pola lingua que asinaron máis de cen personalidades da vida cultural, económica, política e institucional de Galicia e co que se pretendeu poñer en valor os produtos da terra en conxunción coa nosa lingua e cultura.
    Foi un acto importante no que moitísimos representantes de adegas de Galicia tomaron a palabra facendo público o seu compromiso de utilización do noso idioma na etiquetaxe dos seus viños.
    Iniciamos así unha campaña que temos previsto dure ao longo dos anos e consiga adhesións ao proceso galeguizador. Se hoxe son 15 as adegas que utilizan o galego na etiquetaxe, pretendemos que dentro duns anos sexan moitos máis.
    Acompañaron o acto personalidades de distintos ámbitos galegos como D. Luís Manuel García Mañá, D. Carlos Varela García; D. Xesús Ferro Ruibal; D. Xosé Carlos Sierra, etc…

    Previous articlePresentación Asociación Alvaro das Casas
    Next articlePalabras de lei

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here