Xuntos con cadansúa lingua

    Que as linguas foron sempre compañeiras do imperio non é nada novo; na historia hai referencias abondo que o confirman. O galego e o portugués, que tiveron unha orixe común, esgazáronse por mor da influencia do castelán. De tal desgraza rachouse o patrón común e cadansúa lingua seguíu o seu evoluir independentemente.

    Hoxe, podemos reivindicar a historia que compartimos noutrora, pero nunca afirmar que somos unha mesma lingua.  Os que asi pensan negan procesos históricos determinantes, tales que as clases dirixentes portuguesas seducidas pola corte de Castela afastáronse do galego e éste, tamén polas mesmas razóns, entregou a forza da súa personalidade a outra lingua.

    A lingua galega debe afortalarse sen procurar falsas converxencias que están chamadas ao fracaso. O contacto de ámbalas dúas linguas -galego e portugués- débese artellar desde cadansúa personalidade, debendo os falantes entendérense desde os respectivos códigos lingüísticos nos que temos moitísimos rexistros comúns.

    Non arrombes a túa lingua. Fala na lingua que nos une!

    Previous articleMIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA 2020
    Next articleParroquia de vivos versus parroquia de mortos