MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA 2020

    Na historiografía da nosa música tradicional, dúas son as figuras que hai que salientar: Perfecto Feijoo e Faustino Santalices. Ambos os dous foron os auténticos innovadores do noso folclore tradicional. Se Perfecto Feijoo recuperou os traxes tradicionais, creou os orfeóns e dignificou a gaita, Faustino Santalices déulle a este instrumento a sonoridade que precisaba para que hoxe poida ser incorporada a calquera agrupación orquestral. Ao tempo, grazas a Faustino Santalices a zanfona foi tamén recuperada como un instrumento coas mesmas valencias. Grupos como Milladoiro ou agrupacións semellantes incorporárona como un instrumentos capaz de harmonizarse con outros.

    Dúas personalidades relevantes que son auténticos esteos da nosa tradición musical. Converteron as os dous instrumentos -gaita e zanfona- en instrumentos aptos para expresaren con cadansúa musicalidade peculiar calquera tipo de partitura polas innovacións que Perfecto Feijoo e Faustino Santalices  lles fixeron. Desta maneira as cantigas populares cántanse acompañadas  de instrumentos que engrandecen coas súas sonoridades o noso patrimonio musical e coral.

    Previous articleCON ACENTO PROPIO
    Next articleXuntos con cadansúa lingua