Julio Fernández, empresario de cine

    Julio Fernández é o director xeral de FILMAX, unha produtora de cine que acadou moitísimos e reputados premios. As súas películas teñen proxección universal. Naceu en Cereixido, unha parroquia do concello de A Fonsagrada, a onde volve con frecuencia na procura do sosego e a inspiración. Reside en Catalunya que é a súa segunda patria. Desde ali dirixe o movemento de emprendedores galegos no mundo. Galicia e a galeguidade están sempre presentes na súa acción empresarial. Foi o primeiro produtor cinematográfico que versionou en lingua galega unha película. No catálogo de Filmax hainas inspiradas en Galicia e rodadas nas súas paisaxes. Fai parte do grupo de empresarios integrados no Foro E. Peinador.
    Previous articleMil festas máis para a lingua galega “Homenaxe a Prudencio Romo”
    Next articleCONSUMOGUSTOS

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here