CONSUMOGUSTOS

    Este anuncio intenta promover o consumo responsable. Preferir produtos galegos etiquetados na nosa lingua é unha maneira de sermos galegos galeguizados. Elixir establecementos que se identifican coa nosa identidade é unha boa maneira de pedir que se respecte a nosa lingua nas relacións cos clientes. Non sexamos consumidores pasivos e promovamos a galeguización comercial. Respondamos ás propostas que nos fagan en calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: “Etiquetados en galego, por favor”. Cómpre que todos, como consumidores e empresarios, nos impliquemos nesta tarefa. Vivamos como galegos galeguizados. Pedimos ás organizacións sociais do País que se sumen a esta campaña do Foro E. Peinador (Irmandade Galega de Adegueiros), divulgando nas redes sociais este promocional. A galeguización de Galicia é posible. Se queremos…podemos.
    Previous articleJulio Fernández, empresario de cine
    Next articleLarsa, coa natureza de seu

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here