En Salceda de Caselas exerceu a abnegada profesión de médico rural o doutor don Jacinto Zunzunegui Romo pola volta dos comezos do primeiro terzo do século XX. O Concello en gratitude a súa memoria, celebrou un emotivo acto público coa participación de máis dun cento de familiares e veciños. Cunha ofrenda floral no cemiterio de Sta. María, onde está soterrado o doutor Zunzunegui, iniciáronse os actos da homenaxe.