MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA 2015

    A iniciativa das MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA quere sensibilizar ás comisións de festas no uso da lingua galega e na programación con concertos e espectáculos netamente galegos.

    Máis de sete mil festas se celebran en Galicia todos os anos. As contas son doadas de botar: tres mil setecentas cincuenta parroquias, por veces con dúas festas -a do patrón e patroa-, máis de catrocentas cincuentas festas gastronómicas; descontando as que promoven os concellos, que adoitan durar varios días e nas que se invirten grandes sumas de diñeiro para organizalas.

    En resúme: estamos a falar de milleiros de millóns de euros dedicados a eses espazos de lecer onde a presenza da nosa cultura e os seu sinais de identidade están ausentes.

    Unha importantísima parte dos seus orzamentos lévanos as orquestras que se contratan para amenizaren as verbenas; formacións musicais que nos seus programas non inclúen nin 2% de actuacións en galego. Xa que logo, tantos milleiros de euros están destinados a abrirlles eses espazos festivos á cultura foránea, que despraza a auctótona. Ese proceso de aculturización supón unha perda de autoestima considerable. A xente acaba por entusiasmarse coa cultura foránea, arromedándo, e desprezando a propia.

    A iniciativa das MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA quere sensibilizar ás comisións de festas no uso da lingua galega  e na programación con concertos e espectáculos netamente galegos.

    É necesario reinventar a festa! para que non sucumban ante tanta uniformización que elimina de vez as peculidariades propias das festas parroquiais.

    Estamos a tempo de desandarmos este camiño cara ningúres nos que as comisións entran en confusa rivalidade por teren a mesma programación. Chegadas a ese nivel de uniformidade, o público, ávido de programacións singulares, orixinais, deixa de acudir a elas. E o que é peor: as propias comisións de festas, desnortadas, perden o interese e deixan de organizarse.

    Os concellos teñen moito que dicir nesta reinvención festeira. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) elaborou un decálogo que queremos sirva de orientación, e entre as medidas propón que as institucións locais convoquen seminarios de formación que axuden ás xentes que organizan as festas a rendabilizaren os escasos recursos con programacións novidosas, que lles dean a orixinalidade que noutrora tiveran por mor da especialidade curadora dos santos ou santas que as pregoaban.

    En Cangas, da man do Concello e coa activa presenza dos alcaldes de Moaña e Bueu, xuntáronse unha boa desas comisións de festas para asinaren a declaración das MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA. A Orquestra Folk SonDeSeu amenizou o acto e demostroulle ao público e ás comisións de festas presentes que a nosa música tamén pode ser unha atracción que mobiliza a sensibilidade do públicos co seu repertorio capaz de tocar a febra emotiva de todo galego e galega que cando escoita un ritmo do noso cancioneiro musical experimenta a exteriorización das súas emocións culturais.

    Descargar Manifesto 2015.pdf

    MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA 2015

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here