V Asemblea ISAGA

    O sábado non foi un día calqueira en Ourense. Na beirarrúa do Parque de San Lázaro, á altura no mún.18, xuntouse ben xente para participar na descuberta da placa que acredita que naquel edificio vivíu o doutor Manuel Peña Rey, cuxa memoria quixeron perpetuar na memoria dos ourensáns a Irmandade Sanidade Galega, o Concello de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
    D.Xesús Vázquez Abad, alcalde da cidade e D. Pablo Vaamonde, coordinador da Irmandade da Sanidade Galega, tiveron palabras de louva para quen foi máis ca un referente, unha institución na cidade que soubo exercer a medicina con acertos e merecidos recoñecementos e polo galeguismo no que militou desde a fundación das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista do que foi membro sobranceiro.
    A sublevación militar de 1936 puxo cabo a unha biografía brillante dunha maneira dramática e humillante, que soubo superar con dignidade ata 1957,ano do seu pasamento.
    A seguir, no histórico Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo celebrouse un acto académico no que participaron entre outros, o fillo do homenaxeado o tamén doutor D. Manuel Peña Rei. Foi o encargado de facer a louva D. David Simón Lorda. No transcurso do acto entraron a formar parte da Irmandade 23 novos irmandiños e irmandiñas que se comprometeron publicamente a levar a cabo a súa actividade profesional en lingua galega apostando deste xeito por unha medicina galeguizada e humanista.

    Previous articleDOUTOR ZUNZUNEGUI, MÉDICO DO POBO
    Next articleEn galego é de lei – Declaración de Ponteareas

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here