
O “Refráns da xustiza” é unha achega do profesor Xesús Ferro Ruibal que recolle refráns no que o inxenio popular plasmou a súa visión do Dereito e que, en moitos casos, son sentenzas extraídas directamente do dereito romano e aplicadas á nosa realidade. Con esta reedición actualizada pretendemos poñer ao servizo do profesional do Dereito un pequeno repertorio de refráns que definen con brevidade supostos xurídicos en clave galega.