En galego con toda seguridade

    En galego, con toda seguridade
    En galego, con toda seguridade

    O libro “En galego con toda seguridade” foi obxecto dunha campaña de dinamización lingüística nas forzas e corpos de seguridade. Tratouse de conxugar a defensa dos dereitos lingüísticos dos cidadáns con medidas de fomento do uso da lingua. O libro, no que ao carón de fotografías de cada un dos participantes vai un texto alusivo ás bondades do uso da lingua galega nun ámbito de infrecuente uso da mesma, recolle a opinión de 52 alcaldes, 52 xefes de policías locais, o Xefe Superior do CNP e gran parte dos comisarios-xefes, o Xefe da Policía Autonómica e os inspectores-xefes provinciais, dous xenerais da Garda Civil e o director xeral da Academia Galega de Seguridade. A publicación está prologada polo Director Xeral da Policía e Garda Civil e polo Conselleiro da Presidencia e Administracións Públicas da Xunta de Galicia. Dado o carácter positivo que se lle deu á campaña -Oferta Positiva, en acaída expresión do Plan Xeral de Normalización Lingüística- as colaboracións contribuen a crear un horizonte de optimismo para o uso da lingua galega nas forzas e corpos de seguridade.

    Previous articlePalabras da terra
    Next articleEnrique Peinador Lines, empresa e galeguismo

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here