Enrique Peinador Lines, empresa e galeguismo

    No que están de acordo todos os estudosos da realidade galega, é que Galicia careceu dunha burguesía que liderase no seu medio social a defensa da identidade cultural do pais. É máis: a burguesía tivo un comportamento antagónico co da maioría do pais que soubo conservar o patrimonio cultural e lingüístico. Enrique Peinador Lines foi unha excepción no seu tempo. Non só abandeirou o discurso do progreso económico, tamén o da galeguización, mesmo militando no Partido Galeguista. Non houbo instancia cultural na que non estivese presente, nin causa de galeguidade que el non apoiase. Foi mecenas e filántropo das iniciativas de carácter galeguista.

    Previous articleEn galego con toda seguridade
    Next articleContos de Agardar

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here