Abrímoslle as portas á Lingua

    Abrímoslle as portas á Lingua
    Abrímoslle as portas á Lingua

    Estas publicacións serviron, en cadanseu momento, para senllas campañas de normalización lingüística promovidas pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Ora, para a presentación da da galeguización do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra; ora, para anunciar a incorporación ao proceso de normalizacións xos xulgados de 1ª instancia e instrucción da Estrada e os números 5 e 6 de Vigo. Tamén foron utilizados no acto de incorporación á galeguización da notaria de Lalín. Son folletos que van asociados aos nomes dos maxistrados Barreiro Prado, Fernando Leiceaga, Orencio Pérez, Xosé Luís Albés e Victorino Gutierrez, notario de Lalín.

    Foron campañas novidosas que chegaron a un número importante de avogados e usuarios das oficinais xudiciais e notarial. Nelas expúñanse as razóns legais que amparaban o uso da lingua galega, tanto polo titular e funcionarios dos órganos xudicais e notariais como polos xustizables. A través dela espalláronse razóns que abeiraron definitivamente a prexuízos lingüísticos moi estendidos que consistían en rexeitar o uso da lingua galega nas actividades xurídicas por considerar á lingua pouco apta para estes exercicios profesionais.

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here