Contos da xustiza

    Contos da xustiza
    Contos da xustiza

    A relación entre a Xustiza e a cultura galega ten abondas referencias, sempre negativas, na tradición literaria galega. Os contos populares de avogados e xuíces, o refraneiro e as cantigas populares, reflicten perfectamente o antagonismo entre a Xustiza, os seus axentes e a lingua galega. Lamas Carvajal no Catecismo do Labrego, é o autor que mellor soubo representar ese antagonismo, que outros autores tamén abordaron con finura e moita retranca.

    A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística quixo con esta obra, que foi reeditada no ano 2002, propoñer un diálogo entre os escritores e os profesionais do Dereito, que nos ofrecen relatos onde a Xustiza e os seus operadores son o obxecto da imaxinación literaria.

    Con Contos da Xustiza pretendimos achegarlle aos cidadáns unha nova imaxe de funcionarios caracterizados pola defensa da cultura e lingua galegas, en contraposición daqueloutros que a marxinan nos procesos orais e escritos.

    Contos da Xustiza é, asemade, unha proposta amable para o reencontro entre funcionarios xudiciais e os lectores, tanto en canto son cidadáns usuarios dos servizos prestados por aqueles. Unha experiencia literaria única nas comunidades autónomas con lingua de seu.

    Previous articleAbrímoslle as portas á Lingua
    Next articleO Couto Mixto o seu entorno arraiano e os Pobos Promiscuos

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here