UNHA LINGUA PARA TODOS OS USOS

    Para podermos falar de normalización dunha lingua  temos que saber se ela ten aplicación en todos os usos. Os máis dos galegos asocian  a lingua galega aos usos literarios. De seguirmos por ese camiño estaremos errando na estratexia, que se irá repetindo constantemente. Pensemos por un momento nunha aula escolar onde o profesor de lingua galega diserta sobre  as grandes obras literarias. Posiblemente entre os alumnos estean fillos de empresarios que producen bens de consumo. DAquela, esas disertacións académicas non formarán aos alumnos axeitaramente na importancia que ten noutros usos sociais.

    Eses alumnos tampouco terán criterio como consumidores para elixiren aqueles produtos que estean etiquetados en lingua galega. E xa se sabe que os consumidores son  determinantes para que a oferta se galeguice.

    A xornada celebrada en Melide sobre a etiquetaxe en lingua galega tiña dous destinatarios: aos produtores e aos consumidores. Aos produtores para convencelos da importancia do uso da lingua galega na etiquetaxe porque a súa singularidade  nos mercados é fundamental;  e aos consumidores, porque as súas opcións de compra amosando preferenza polos produtos etiquetados en galego é a mellor maneira de que a oferta se galeguice.

    Previous articleREMEMORANDO A HISTORIA DA NOSA LINGUA
    Next articleEN GALEGO, AGORA E SEMPRE (Forcarei)