EN GALEGO, AGORA E SEMPRE (Forcarei)

    Nun ano no que é dificil convocar asistencias celebramos en colaboración co concello de Forcarei un pequeno acto de recordo aos devanceiros que en vida utilizaron a lingua galega, colocando unha placa na entrada do cemiterio municipal en memoria das persoas que xacen no camposanto porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu.

    EN GALEGO, AGORA E SEMPRE (Forcarei)

    En galego, agora e sempre, é unha iniciativa que desde hai anos convoca a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia coa que pretendemos impulsar o uso do galego nos actos fúnebres, nas derradeiras vontades, nas placas mortuorias ou nas esquelas que recordan aos nosos seres queridos. Non ten sentido, que persoas que en vida utilizaron únicamente a lingua propia de Galicia, sexan recordadas eternamente noutra lingua.

    EN GALEGO, AGORA E SEMPRE (Forcarei)
    Previous articleUNHA LINGUA PARA TODOS OS USOS
    Next articleNO 80 CABODANO DO PASAMENTO DE ENRIQUE PEINADOR LINES