Na historia da incorporación da lingua galega aos espazos industriais hai varios fitos apenas coñecidos. Un deles foi relatado polos estudantes participantes no periplo marítimo con carácter pedagóxico realizado polas Rнas Baixas organizado pola asociación xuvenil Ultreya en 1932. «En Bueu visitamos devagariño a fábrica de conservas de Massó, que é das mellores do mundo. Chama moito a atención ver que todos os letreiros polas paredes están escritos en galego. Que ben se en todas as fábricas de Galiza fixesen o mesmo!», escribe un dos excursionistas no seu diario publicado na revista Nós.
Tiveron que transcorrer moitos anos para que aquel exemplo, se repetise moitas décadas despois en Cerбmicas de Sargadelos. A Asociaciуn de Funcionarios para a Normalizaciуn Lingьнstica de Galicia (AFNLG), activou os dous exemplos para levar a lingua galega ás empresas, un espazo sempre poliédrico. O momento propicio aconteceu cando Larsa pasou de mans galegas a unha multinacional radicada en Normandía, propoñéndolles incorporar ao texto do convenio colectivo dous artigos co rubro «Dereitos lingüísticos dos traballadores» , publicado no BOE do 20 de xullo de 1994. Tal orixinal iniciativa empresarial sorprendera aos representantes sindicais, afeitos a remacharen nas reivindicacións económicas e descoidaren os dereitos fundamentais das persoas traballadoras.
Os artigos, aínda hoxe en vigor, din: «Os traballadores de Larsa teñen dereito a desenvolveren a súa actividade laboral e profesional en lingua galega e a recibir formación lingüística para mellorar o servizo ao público no seu posto de traballo, recoñecendo así a empresa a cooficialidade lingüística».
A proposta da AFNLG fundamentábase na xurisprudencia do Tribunal Constitucional: «A liberdade de empresa, que é dereito debe entrar en diálogo con outras liberdades» necesarias, engadiamos, para a reconstrución da identidade galega, amparadas polo Estatuto de Autonomía de Galicia e demais disposicións legais que o desenvolven, amais de incorporar outras iniciativas institucionais como é o Plan Xeral de Normalización Lingüística, un catálogo de orientacións programáticas, para normalizar a lingua galega nas empresas, aprobado coa unanimidade de todos os grupos parlamentarios
Consonte co exposto, o Foro Enrique Peinador e a Secretarнa Xeral de Polнtica Lingьнstica celebrarán o próximo mércores un acto de galeguismo empresarial na sede de Seguridade A1, empresa tecnolóxica modélica no sector, especializada en solucións integrais de seguridade, na que se promove o uso do galego como primeira lingua en todos os ámbitos comunicativos. Galeguización que se amplía á presentación de produtos, orzamentos, manuais de usuarios, certificacións (mesmo oficiais) de operacións, e por suposto na atención persoal. Velaí, unha empresa que constrúe unha ponte entre o pasado, o presente e o futuro da lingua galega, fóra dos marcos literarios, grazas ao entusiasmo do seu director xeral Manuel Rial.