Reconstruindo a memoria lingüística tamén en Lalín.

    Nun sinxelo acto as portas do cemiterio municipal de Romea, no concello de Lalín, colocouse unha placa en recordo dos que xacen alí, pois grazas a eles Galicia segue tendo lingua e cultura de seu. Xosé González Martínez, vicepresidente da AFNLG, insistíu na necesidade de exercer unha pedagoxía que modifique a diglosia que existe entre a aldea dos mortos e a aldea dos vivos. O Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, afirmou que a realización de actos como este provocan un afortalamento da memoria lingüística sendo a mellor maneira de normalizar o uso da lingua galega na sociedade con naturalidade. O Alcalde de Lalín, D. José Crespo Iglesias, recoñeceu a pouca incidencia que ten o galego nos camposantos do seu concello e comprometeuse a iniciar unha campaña de apoio á  galeguización das lápidas mortuorias, subvencionando o 50 por cento do custe daquelas que se redacten en galego, como apoio institucional a esta iniciativa galeguizadora.

    Previous articleHomenaxe ao xurista D. Alfonso Álvarez Gándara
    Next articleCORTEGADA, NAO SENLLEIRA