Homenaxe ao xurista D. Alfonso Álvarez Gándara

    Diante do núm. 18 da rúa Urzaiz de Vigo congregouse unha morea de persoas para homenaxear a figura do insigne avogado D. Alfonso Álvarez Gándara. Entre os asistentes xentes da cultura como os académicos Méndez Ferrín ou Alonso Montero; presidente da Fundación Penzol; da xudicatura o maxistrado Xosé Xoán Barreiro Prado e unha ampla representación de profesionais da avogacía e da Irmandade Xurídica Galega; Delegada Territorial da Xunta de Galicia, deputados e concelleiros; Presidenta e membros da Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Vigo; representantes  de movementos cidadáns e unha ampla representación da familia entre os que se encontraban os seus fillos, a viúva e unha neta. O presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xoaquín Monteagudo Romero, recordou a Álvarez Gándara como un home de  inequívoca galeguidade que recibira xa da Irmandade a insignia de ouro. O profesor Gómez Segade fixo unha louva do homenaxeado distinguindo nel a súa valía persoal e o seu bo facer no mundo xurídico pero sobre todo o espírito galeguista e conciliador que nel confluían. Javier Álvarez Blázquez que compartíu despacho profesional con el recordou a Alfonso Álvarez Gándara como alguén que o acompañou sempre e a quen bota en falta a cotío.  O Secretario Xeral de Política Lingüística recordou a figura dun gran home que a partir de hoxe permanece recordado na placa de bronce que se descubríu.

    Previous articleLUÍS SOTO. DISCURSO PARA UN PAÍS
    Next articleReconstruindo a memoria lingüística tamén en Lalín.